A novena sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da mastozooloxía, na cal afondaremos no coñecemento e estudo dos mamíferos, familiarizándonos coas diferentes ordes que os integran e as diversas técnicas de estudo.
Este novo bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e vogal da Xunta Directiva Andrés Pereira: biólogo e naturalista, centrou a súa tesina no estudo deste grupo faunístico, analizando as poboacións de mamíferos semiacuáticos (lontra –Lutra lutra– e rata de auga –Arvicola sapidus-) no Parque Natural de Arribes del Duero, grazas ao cal adquiriu o DEA e a súa Suficiencia Investigadora nos estudos de Doutorado. Hoxe día compaxina a súa paixón pola natureza co desenvolvemento das actividades e proxectos levados a cabo polo G.N.Hábitat.

Leave A Comment