logo

Dende Hábitat comprácenos comunicarvos que os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro estaremos no salón ecolóxico EcoGalia, que nesta segunda edición se celebrará nas instalacións de ExpoCoruña, sendo un punto de encontro de referencia para os interesados pola alimentación ecolóxica, as accións sostibles e a conservación do patrimonio natural.

Durante toda a fin de semana, EcoGalia acollerá multitude de stands de diversos colectivos, desenvolvendo nos seus 9000 metros cadrados de superficie numerosas actividades, exposicións, foros e demáis eventos nos eidos da ecoloxía, a sostenibilidade, a alimentación e o textil ecolóxico, as enerxías renovables, a bioconstrucción e o ecoturismo, entre outros. Toda a información sobre este evento poderédelo consultar na súa web: ecogalia.com

Pola nosa banda, Hábitat gozará nestes días dun pequeno stand, onde informaremos a todo aquel que se quera achegar sobre as nosas iniciativas, procurando seguir espertando na cidadanía unha corrente de interese polo medio que nos rodea, e animando á participación nas nosas accións de estudo, divulgación e conservación do patrimonio natural. Así mesmo, compañeiros de Hábitat, xa no último día de feria (domingo día 23), colaboraremos activamente desenvolvendo unha conferencia pola mañá  ás 11h, e un taller  pola tarde ás 18h, ambas abertas á participación dos asistentes e que se desenvolverán nas mesmas instalacións de ExpoCoruña, consolidando así a nosa aportación á difusión en prol do medio ambiente.

Non tes excusa, aproveita esta boa ocasión para achegarte á ecoloxía coa familia e amigos, e xa de paso…fainos unha visita!