O vindeiro domingo día 30 de outubro ás 16:30, o G.N. Hábitat colaborará nunha xornada de limpeza colectiva da praia de Bastigueiro, da man de diferentes entidades: Mar de Fábula, Ledicia, Retoque Retro, Prestgaard/Andersen e Concello de Oleiros, e na que logo da recollida está previsto a realización dunha escultura de lixo plástico mariño, e todas aquelas composicións artísticas que xurdan cos residuos retirados.
A actividade enmarcase dentro das xornadas “Crebeiros no mundo//Beachcombers around the World“, que terán lugar no CEIDA os vindeiros días 29 e 30 de outubro.
As actividades son de balde, mais é preciso a inscrición a través da seguinte ligazón: acceso á inscrición
Descarga o cartaz da xornada
Agardámosche!

Leave A Comment