04B_MA~1

A quinta sesión da Escola de Naturalistas 2016 estará centrada no eido da botánica.

A charla teórica virá impartida por Manuel Pimentel, profesor de Botánica na Universidade da Coruña, e será o venres 13 de maio ás 20:30 h no local do G.N.Hábitat.

A parte práctica consistirá nunha xornada de campo o sábado 14 de maio de 10 a 13 h, visitando enclaves como a Costa da Égoa, para a observación de brións e hepáticas, e Celas, visitando os bosques de ribeira e fragas relictas.