Cartaz_XornadaScouts

O vindeiro domingo 8 de maio, membros do G.N. Hábitat, da man do colectivo Scouts, levaremos a cabo unha xornada de campo coa posta en marcha de diferentes iniciativas en prol da mellora da biodiversidade ligada a espazos agropecuarios.

A xornada, de participación exclusiva cos integrantes do colectivo Scouts, conta coa colaboración do Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo, en cuxas instalacións levaremos a cabo as actividades previstas, que abranguen dende a plantación de especies botánicas autóctonas ata a realización dun roteiro interpretativo e a xestión de microhábitats.

Seguiremos informando nas nosas redes sociais!