Dous anos despois da primeira edición, dende o Grupo Naturalista Hábitat e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), co apoio dos grupos de anelamento Hércules e Phylloscopus, organizamos o II Encontro de Aneladores en Distriz (Monforte de Lemos), como conmemoración do 50 aniversario da visita realizada por Chris Mead e o equipo de aneladores da BTO a esa localidade do 1 ao 5 de setembro de 1965.

As xornadas de anelamento levaranse a cabo os días 8, 9 e 10 de setembro, nas ubicacións que visitou Chris Mead nos anos 1965-67, nos arredores do río Cinsa, Distriz (Monforte).

Podes ver e descargar o programa das xornadas dende a seguinte ligazón.

Programa das xornadas

 

 

Esta actividade é exclusiva para soci@s e colaboradores do Grupo Naturalista Hábitat, soci@s da Sociedade Galega de Ornitoloxía e membros do Grupo de Anelamento Hércules e Grupo Phylloscopus. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado. Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento das xornadas, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!