O pasado venres 06 de marzo ás 20:30h tivo lugar o Acto de entrega de premios do VII Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A vida dos prados”. Iniciativa desenvolvida polo G.N.Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Aquí vos deixamos o video da entrega de premios onde representantes de diferentes institucións, fixeron entrega a todos os gañadores recoñecidos nesta convocatoria dos agasallos e diplomas.

 

Se non o tedes feito xa, animádevos a participar na vindeira convocatoria que xa ten aberta a súa inscrición. VIII CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre – Natureza Viaxeira”.

Grazas a todos por participar outro ano máis!


Promove:                                          Colabora: