PRAZO DE ENTREGA AMPLIADO ATA O 31 DE OUTUBRO

Data de publicación 18-10-2019

Chegamos xa á 7ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o VII CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Este ano, baixo o título “A vida dos prados“, o G.N.Hábitat quere poñer en valor os prados húmidos que rodean ó encoro e a gran biodiversidade que conteñen. Estes espazos son esenciais para moitas das especies, xa que neles son onde levan a cabo as súas actividades: alimentación, procura de parella, cría ou refuxio. As plantas atraen a insectos e estes, ao mesmo tempo, a anfibios, réptiles, mamíferos e aves, que se van a alimentar de eles. Os prados galegos, ano a ano, redúcense polo abandono do rural ou o cambio de uso do solo, o que fai que as especies que alí habitan desaparezan da zona. É esencial que entre todos axudemos a conservar e dar valor a estes espazos e ás especies ligadas a eles.

Coa posta en marcha desta iniciativa preténdese implicar á xente no contacto coa súa contorna, a través do debuxo da flora, fauna e xea presente no espazo natural protexido do encoro de Cecebre [integrado na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo] e as cuncas dos ríos Mero e Barcés, co gallo de consolidar na cidadanía unha corrente de interese polo coñecemento e preocupación pola conservación do Patrimonio Natural.

A inscrición é de balde e aberta á cidadanía, non sendo preciso ter aptitudes nin coñecementos en ilustración para poder participar, tan só as ganas de gozar da natureza a través do debuxo.

Haberá dúas categorías diferentes (menores e maiores de 14 anos) e premios en todas elas para as obras máis salientables. Así mesmo, de entre as obras achegadas seleccionaranse aquelas que pasarán a ilustrar o Calendario 2020 da nosa entidade.

O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos rematará o 20 de outubro de 2019.

Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido no documento das Bases Reguladoras (dende as cales se da acceso ao formulario de inscrición online), dispoñibles na seguinte ligazón:

[/fusion_text]

Bases Reguladoras do Certame

Así mesmo, podes descargar o cartel do VII certame de debuxo na seguinte ligazón, e animar a compañeiros e amigos a participar!

Descarga do cartel

Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!

* Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, visita a seguinte ligazón: novas do certame na nosa web.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014


Promove:                                          Colabora:

[/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]