Nova edición e novo éxito de participación nesta fermosa iniciativa! Nenos e maiores de todas a idades achegáronse un pouco máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no VI Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Esta nova convocatoria foi denominada co título “A Fraga Encantada do Encoro“, pretendendo poñer en valor á fraga como espazo de asentamento, refuxio, alimento e cría para moitas especies, dándolle un toque máxico e facendo referencia á fraga de Cecebre,  inmortalizada na obra de Wenceslao Fernández Flórez “El Bosque Animado”, publicada no 1943.

Este ano achegáronse un total de 194 ilustracións, dun total de 138 participantes! co seguinte reparto nas diferentes categorías:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 100 ilustracións, dun total de 90 participantes.
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 94 ilustracdións, dun total de 48 participantes.

Moitas grazas a todos!!!

Aproveitamos a ocasión para lembravos a nova que comunicamos o pasado mes de maio, anunciando a publicación do segundo libro da Colección de Estudios Emalcsa, e que baixo o título “VIDA SILVESTRE DEL EMBALSE DE CECEBRE – DIBUJANDO LA NATURALEZA” ven de centrar a atención neste espazo natural protexido, cos cinco primeiros anos de vida deste Certame de Debuxo da Natureza como fío condutor: acceso á noticia.

Dende Hábitat seguimos traballando no proceso de xestión desta VI convocatoria. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!

Promove:                            Colabora:

        

 

2018-11-28T19:04:58+00:0015 Novembro 2018|0 Comments

Leave A Comment