Logo de varios meses de traballo, paseniño, pero avanzando día a día nos textos e revisións, e grazas á colaboración imprescindible da Empresa Municipal Aguas de La Coruña, comprácenos anunciar que xa está dispoñible o segundo libro da Colección de Estudios Emalcsa, que baixo o título “VIDA SILVESTRE DEL EMBALSE DE CECEBRE – DIBUJANDO LA NATURALEZA” ven de centrar a atención neste espazo natural protexido, co certame de debuxo da natureza que leva o seu nome como fío condutor.

Ao longo das máis de 120 páxinas ilustradas, esta publicación pretende ser un espello no que reflectir a realidade do encoro de Cecebre, ao tempo que unha posta en valor do patrimonio natural presente na súa contorna (da man da flora e fauna), sen esquecer as súas características como infraestrutura, as súas ameazas e retos de futuro.

Salpicado por numerosas obras de nenos e maiores de todas as idades, achegados nos cinco anos de vida do certame de debuxo da natureza Vida Silvestre do encoro de Cecebre, este libro conta, capítulo a capítulo, unha fermosa historia naturalista froito dunha simple idea: ilustrar a natureza para fomentar o seu coñecemento…Coñecer para Respectar, Respectar para Conservar.

Compre salientar que este libro non pretende ser unha publicación sobre as obras gañadoras e participantes no certame de debuxo, senón un libro sobre o encoro mesmo e a súa natureza, servindo as diferentes convocatorias desenvolvidas como perfecto guión de contidos. Lamentamos pois non poder dar cabida nel ás máis de 800 obras recibidas nestes anos, sendo a escolma de obras representadas un xeito visual de acompañar ao lector neste “paseo” pola natureza. A publicación foi así mesmo redactada en castelán, co gallo de dar continuidade ao establecido en anteriores títulos publicados na Colección de Estudios Emalcsa.

Finalmente, indicar que a participación do Grupo Naturalista Hábitat nesta fermosa andaina que supuxo a redacción do libro, do que é coautor, deriva dun esforzo altruista por parte dos seus membros, non recibindo a entidade cantidade algunha pola venda de exemplares. Agardamos logo que a súa promoción permita seguir implicando á sociedade no contacto coa súa contorna natural!

Grazas de novo a todos e cada un dos participantes que ano a ano inundades de debuxos, ilusión e vida cada unha das convocatorias do noso certame de debuxo!

Somérxete nesta agradable lectura e empápate de natureza!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Velaquí a relación de librarías onde está a disposición, cun prezo de 18 euros. 

  • LIBRARIA XIADA
  • LIBRARIA COUCEIRO
  • LIBRARIA LIBROURO
  • LIBRARIA CARTABON
  • LIBRARIA PEDREIRA
  • VERSUS LIBRARIA
  • LIBRARIA CORTIZAS
  • LIBRARIA LIBRAIDA
  • LER LIBRERIAS
  • LIBRARIA CRONOPIOS LIBROS
  • LIBRARIA GALIANO
  • A LUS DO CANDIL
  • LIBRERIA BIBLOS
  • LIBRARIA SUEVIA
  • LIBRARIA LUME
  • CENTRAL LIBRERA
  • CRONOPIOS SANTIAGO
  • LIBRARIA BIBLOS BETANZOS
  • LIBRARIA MOITO CONTO A CORU
  • LIBRARIA SISARGAS
  • LIBRARIA ESTRAVIZ
  • LIBRARIA PAZ
  • GALLAECIA LIBER
  • LIBRARIA ANDEL
  • LIBRARIA AZETA
  • LIBRARIA TRAMA
  • LIBRARIA ARENAS
  • LIBRARIA FOLLAS NOVAS
2018-05-14T19:36:10+00:0010 Maio 2018|2 Comments

2 Comments

  1. Manuel 23 Maio, 2018 at 0:28 - Reply

    Hay alguna posibilidad de comprar ese libro online?

    • gnhabitat 23 Maio, 2018 at 8:33 - Reply

      Hola Manuel,
      Alguna de las librerías ofrecen la posibilidad de hacer pedidos online (por ejemplo, Lume o Couceiro).
      Gracias por el interés.
      Saludos!

Leave A Comment