Aínda estamos botando de menos aos compañeiros da edición pasada, e xa comezamos unha nova promoción de Escola de Naturalistas, que vai polo seu sétimo ano. Escola de Naturalistas é unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo.

Durante o curso de Escola de Naturalistas poranse en práctica conceptos teóricos e aplicacións prácticas, ademais de trucos e consellos amosados polos diferentes docentes que a través das súas experiencias persoais achegarán a cada un dos alumnos ao seu ámbito do naturalismo.

Ao longo do ano tanto os alumnos coma os poñentes intercambiarán coñecementos, tempo e afeccións, polo que Escola de Naturalistas chega a ser todos os anos máis ca un curso de formación, senón unha boa razón para que un grupo de compañeiros se reúna, aprenda e goce da natureza presente na súa contorna.

Esta primeira sesión estará dedicada á o bloque de, “Introdución ao naturalismo“, da man da bióloga e naturalista Atocha Ramos, compañeira e vogal da Xunta Directiva do G. N. Hábitat.

Vémonos na Escola compañeiros!

2018-11-19T16:48:18+00:0019 Novembro 2018|0 Comments

Leave A Comment