Comprácenos anunciar a organización das III Xornadas Micolóxicas, levadas a cabo pola Asociación Micolóxica Coruñesa, e que contan coa colaboración do G.N.Hábitat e o Bar San Xoan (A Coruña). Esta ambiciosa convocatoria, na que participarán numerosos expertos da AMC no mundo dos cogomelos, recolle unha chea de actividades que se celebrarán entre os días 21 e 25 de novembro do 2018, con diversas iniciativas tales como conferencias, excursións e exposicións micolóxicas.

Estrutura e participación nas III Xornadas:

  • Mércores 21, xoves 22 e venres 23 de novembro

Xornadas de conferencias no local social do G.N.Hábitat, da man de diferentes expertos da AMC.

– Día 21: “Introdución ao mundo dos cogomelos”, por Fernando Ramos (20:30h).

– Día 22: “Hábitats micolóxicos”, por Tomás Rodríguez (20:30h) e “Intoxicación por consumo de cogomelos”, por Cristina García (21:15h).

– Día 23: “Achegamento á microscopía micolóxica”, por José María Traba (20:30h) e “Identificación de cogomelos”, por membros da AMC (21:15h).

Para participar en calquera destas tres xornadas é imprescindible a inscrición previa (reserva de praza) a través do seguinte formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas, segundo a capacidade do local. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na/s xornada/s escollidas ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

  • Sábado 24 de novembro

Excursión micolóxica. Para a asistencia a esta actividade xestionada pola AMC, é necesaria a inscrición previa no Bar San Xoan ou no Facebook da AMC. Os participantes desprazaranse en coche propio. Prezo: 2,5€ para socios/as da Asociación Micolóxica Coruñesa e do Grupo Naturalista Hábitat; 5€ para non socios/as.

  • Domingo 25 de novembro

Exposición micolóxica no local social do G.N.Hábitat, acompañada de membros da AMC. Para a asistencia a este evento non será necesaria inscrición, sendo unha xornada de portas abertas para todo aquel que se queira achegar no horario de apertura da exposición: de 12 a 14:30h, e de 17:30 a 20h.

Deixámosvos para libre descarga o cartel informativo das xornadas:

Descarga do cartel das III Xornadas Micolóxicas

Acompáñanos e aprende sobre o apaixonante mundo dos cogomelos!

2018-11-09T10:50:07+00:009 Novembro 2018|0 Comments

Leave A Comment