Continuamos cunha nova xornada Falando de natureza. Nesta ocasión, e da man de diferentes expertos, achegarémonos á situación, características e problemática que afecta ás nosas rulas (Streptopelia turtur), especie que ven acusando un declive poboacional nas últimas décadas e da que se ten observado un impacto negativo nas súas poboacións en espazos como A Limia, integrada na Rede Natura 2000 e declarada Zona de Especial Protección Para las Aves (ZEPA) pola Xunta de Galicia no ano 2009. Malia este estatus de protección, o propio goberno galego ven permitindo a caza desta especie (tórtola europea, en castelán) en diversos concellos da Limia, o que confronta co establecido na Directiva Aves e na Ley 42/2007 del Patrimonio Natural y la Biodiversidad, nun dos poucos enclaves galegos nos que aínda atopa un hábitat axeitado para procrear.

Xa no pasado ano 2019 seis entidades ecoloxistas puxemos enriba da mesa esta situación, logo de que a mesma Unión Europea anunciase, o 25 de xullo, o inicio dun proceso de infracción contra o Estado español por non tomar medidas de conservación que freen o declive das rulas.

Destas e moitas outras cuestións, moderados por Santiago Vázquez (Vicepresidente do Grupo Naturalista Hábitat), falaremos en directo o vindeiro venres 17 de abril ás 20:30h con:

  • Óscar RivasPresidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
  • Serafín González – Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
  • Fernando Bandín – Conservacionista.

Se estás interesado en participar como público poderás conectarte libremente a través das nosas canles de Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Así mesmo, informámosche que na plataforma Change.org exista unha iniciativa espontánea de recollida de sinaturas en favor da prohibición da caza da rula, que está preto de acadar os 50.000 apoios. A sociedade expresa así o seu rexeitamento a dar morte a un ave tan simbólica e benquerida como é a rula. Se queres ter máis información:

Ligazón á campaña

 

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

 

Agardámoste!