G.N.Hábitat, xunto coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Ecoloxistas en Acción, Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e Verdegaia, subscribimos o contido dunha nova nota de prensa enviada en relación ao estado da rula (Streptopelia turtur) e a necesaria prohibición da súa caza.

Esta achega entronca co escrito remitido no pasado ano 2019, cando seis entidades ecoloxistas puxemos enriba da mesa esta situación, logo de que a mesma Unión Europea anunciase, o 25 de xullo, o inicio dun proceso de infracción contra o Estado español por non tomar medidas de conservación que freen o declive desta especie.

Podes descargar o contido desta nova nota de prensa na seguinte ligazón:

 

Así mesmo, se queres profundizar nesta problemática convidámosche a gozar do faladoiro “Os ameazados arrolos das nosas rulas” no que participarán diferentes expertos, e que se celebrará o vindeiro venres 17 de abril ás 20:30h. Poderás seguir esta xornada dende a comodidade do teu fogar, grazas ao formato de emisión en directo a través de videoconferencia. Tes toda a información na seguinte ligazón: