Seguimos coa segunda xornada no marco da iniciativa Falando de natureza. Nesta ocasión, da man de Óscar Vázquez, Ricardo Ferreiro, Juanda Presa, Damián Romay e Francisco Rosende, compañeiros de Hábitat, biólogos e naturalistas de ampla experiencia. Falaremos do traballo que, ao longo de moitos anos, leva realizando o G. N. Hábitat no recen declarado Espazo Natural de interés local (ENIL) das Illas de San Pedro/O Portiño, centrandose en poñer de relevancia este enclave mediante estudos de científicos ou divulgando os seus valores con fin derradeiro de conseguir a súa protección mediambiental.

A emisión desta conferencia será en directo, o mércores 15 de abril ás 20.30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectarte libremente a través das nosas canles de Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia o moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas a través destas redes sociais.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Agardámoste!