Seis entidades ecoloxistas denuncian que a Xunta segue permitindo a caza da rula, cando está en perigo de desaparición. A Unión Europea acaba de iniciar un procedemento de infracción por non conservala. O goberno disfrázase de verde cunha lei do patrimonio natural que non a protexe e incluso empeora a actual lei de conservación da natureza

O G.N.Hábitat subscribe o contido da nota de prensa enviada pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) relativa ao estado da rula e ao proceso sancionador iniciado pola Unión Europea, á cal se suma tamén o apoio da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Ecoloxistas en Acción, Sociedade Galega de Historia Natura (SGHN) e Verdegaia.

Podes descargar o contido da nota de prensa na seguinte ligazón: acceso á Nota de Prensa.

Esta situación segue poñendo en evidencia o escuro futuro da natureza que vimos denunciando diferentes entidades conservacionistas de Galicia, logo das grandes eivas na Lei do Patrimonio Natural de Galicia que está en proceso de tramitación: ver noticia.