Para participar nas diferentes actividades abertas ao público é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario (agás naquelas que conten cun apartado de “Información específica” e unha ligazón propia):

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES 2023

  • Luns, 18 de decembro, ás 10:30h (1ª quenda) e ás 15h (2ª quenda) Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules. A primeira quenda estará dirixida principalmente ao control e eliminación dos gromos (rebrotes) de Carpobrotus detectados nas parcelas xa traballadas ao longo do programa de voluntariado, con especial fincapé na contorna de Punta Herminia. Rematadas estas tarefas continuaremos os traballos avanzando na contorna da Torre.
  • Domingo, 17 de decembro, ás 9h Actividade rematada
    • Obxectivo: XIV edición do CoruñAves: a maratón ornitolóxica do concello de Coruña. Actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello da Coruña.
    • Información específica da xornada: acceso á noticia.
  • Luns, 20 de novembro, ás 10h – Actividade rematada
      • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
      • Participa: alumnado do CEIP Víctor López Seoane.
  • Venres, 17 de novembro, ás 16h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Accem. Actividade dirixida aos usuarios desta entidade, que traballa para mellorar á condición de vida das persoas en situación de vulnerabilidade, promovendo -entre outras accións-  a figura voluntariado con persoas en risco de exclusión, migrantes e refuxiadas.
  • Luns, 13 de novembro (ás 12h), e martes, 14 novembro (ás 10h) – Actividade rematada
    • Obxectivo:
      • Luns día 13: nesta xornada impartiremos a charla “Natureza e sociedade: vínculo a prol da contorna da Torre de Hércules” coa que mostraremos a relación do G.N.Hábitat con este espazo natural, as tarefas e logros acadados no ENIL da man do voluntariado ambiental, e poñeremos as bases para a vindeira actividade de campo co alumnado. Paralelamente, nas instalacións do centro colocarase a mostra fotográfica expositiva “O patrimonio natural da contorna da Torre de Hércules“, desenvolvida con motivo da conmemoración do X aniversario do emblemático faro na Listaxe do Patrimonio Mundial (ano 2019), e que tivo por obxectivo resaltar a rica diversidade biolóxica que envolve de cor e vida este símbolo da nosa cidade, a través de 20 paneis informativos. Xunto a membros do G.N.Hábitat na xornada participará tamén Dna. Ana Santorun Ardone, Coordinadora-Directora da Torre de Hércules.
      • Martes día 14: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules ➡ xornada adiada ao 21 de novembro por meteoroloxía.
    • Participa: alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional (C.I.F.P.) Ánxel Casal – Monte Alto.
  • Mércores, 4 de outubro, ás 9h (1ª quenda) e ás 12h (2ª quenda) – Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: alumnado do CPR Compañía de María.
  • Martes, 19 de setembro, ás 10:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Cruz Vermella. Actividade dirixida aos implicados nos proxectos “Atención a Personas en Proceso de Envejecimiento” (promoción e potenciación do envellecemento positivo, activo e participativo) e “Atención a Personas Cuidadoras” (apoio ás persoas coidadoras dos nosos maiores) da Cruz Vermella.
  • Venres, 8 de setembro, ás 12:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Fundación Juan Soñador. Actividade dirixida aos usuarios do Proxecto Familia e Infancia (FAIN), unha iniciativa piloto de abordaxe da pobreza infantil dirixida a familias con nen@s e adolescentes, e para atender á vulnerabilidade vencellada á exclusión territorial.
  • Luns, 28 de agosto, ás 10:00h – Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules. Nesta ocasión a xornada estará principalmente dirixida ao control e eliminación dos gromos (rebrotes) de Carpobrotus edulis detectados nas parcelas xa traballadas ao longo do programa de voluntariado.
  • Domingo, 27 de agosto, ás 17:00h – Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
  • Domingo, 13 de agosto, ás 10:00h – Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
  • Domingo, 30 de xullo, ás 10:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: retirada de especies exóticas invasoras na contorna do ENIL Torre de Hércules.
  • Mércores, 26 de xullo, ás 10:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Fundación Mujeres (servizo de apoio integral ás mulleres coidadoras).
  • Martes, 11 de xullo, e xoves, 13 de xullo, ás 10:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Fundación Amigó (institución que traballa con infancia, xuventude e as súas familias con risco de exclusión social ou en situación de vulnerabilidade).
  • Luns, 10 de xullo, ás 10:30h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
    • Participa: Latento Altas Capacidades (gabinete experto na identificación, orientación e intervención de nenos e nenas con altas capacidades).
  • Domingo, 21 de maio, ás 10:00h Actividade rematada
    • Obxectivo: actividade no marco da “III Biomaratón de Flora Española”, un evento de participación cidadá para gozar da natureza, aprender sobre biodiversidade vexetal e achegar a botánica á sociedade. Consistirá nunha andaina pola contorna do Espazo Natural de Interese Local Torre de Hércules, dirixida a localizar, aprender a identificar, reportar a información obtida e sensibilizar á cidadanía sobre a presenza e problemática das especies exóticas invasoras e o seu impacto na flora nativa.
    • Información específica da xornada: acceso á noticia.
  • Venres, 19 de maio, ás 17:00h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do Parque de San Pedro.
    • Participa: Fundación ADCOR (institución dedicada a mellorar a vida das personas adultas en situación de dependencia).
  • Luns, 15 de maio, ás 20:30h Actividade rematada
    • Obxectivo: conferencia no marco da “Semana sobre Especies Invasoras Portugal & España (SEI 2023)”, na que poñeremos en valor os cinco anos de esforzos investidos (2018-2022) na conservación do Espazo Natural de Interese Local – ENIL Torre de Hércules, e os avances na eliminación e control de especies exóticas invasoras nesta contorna.
    • Información específica da xornada: acceso á noticia.
  • Domingo, 7 de maio, ás 09:30h Actividade rematada
    • Obxectivo: charla e saída de campo na zona de Feáns, para poñer en valor a biodiversidade ligada ás prácticas agrarias que se levan a cabo na periferia do municipio. Os compañeiros David Dopereiro e Ismael Espasandín, amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, e máis concretamente coa víbora de seoane (Vipera seoanei).
    • Información específica da xornada: acceso á noticia.
  • Luns, 1 de maio, ás 10:00h – Actividade rematada
    • Obxectivo: andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!


O PROGRAMA “CUSTODIA DO TERRITORIO E VOLUNTARIADO”

Por sexto ano consecutivo, e superando xa o lustro de actividades a prol do patrimonio natural da cidade, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña e o Grupo Naturalista Hábitat traballamos para retomar a nosa colaboración no marco do programa “Custodia do Territorio e Voluntariado”. Unha iniciativa que acubilla, en cada campaña, diversas actividades dirixidas ao estudo, a divulgación e a conservación das áreas de interese ambiental da cidade, con especial fincapé na contorna do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules

Ao longo das campañas 2018/2022 deste programa, un total de 1787 persoas teñen participado nas diferentes accións organizadas polo G.N.Hábitat. Nenos e maiores de todas as idades, que comparten connosco tempo e esforzos nos eidos da divulgación e o voluntariado ambiental. Nesta liña, compre destacar os avances alcanzados no control da especie exótica invasora Carpobrotus sp. (coñecida como “Uña de gato” ou “herba do coitelo”), que se espalla pola contorna da Torre de Hércules, comprometendo e restrinxindo a diversidade biolóxica alí presente. Hoxe día, 60.448 kg foron xa retirados grazas aos 1.002 voluntari@s participantes nas actividades de eliminación desta planta invasora! Moito suor, e todo un exemplo de traballo colaborativo a prol do patrimonio natural. Tarefas que debemos retomar con forza para seguir mellorando a contorna deste ENIL, pois aínda queda moita superficie afectada. Polo tanto, a campaña 2023 continuará coa filosofía e obxectivos das pasadas edicións, promovendo novamente diferentes actividades ambientais, tanto na Torre coma noutros espazos da cidade. 

Organizaranse de novo xornadas abertas ao público e de balde, mais as prazas serán limitadas en cada sesión, sendo precisa a inscrición previa para a participación a través dos formularios online que sexan habilitados na nosa web, segundo o avance do programa. Todos aqueles participantes confirmados contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento das actividades, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas. Así mesmo, o G.N.Hábitat poñerá a disposición os recursos necesarios para poder desenvolver axeitadamente cada xornada.

Contamos contigo!