Este sábado, 9 de decembro do 2023, de 10:30 a 13:30h faremos unha saída de observación de aves na Ría de Betanzos. Compartiremos a xornada entre os socios e as socias do G.N. Hábitat

Na Ría de Betanzos poderemos admirar tanto as aves acuáticas invernantes como as pequenas aves forestais ao longo dun pequeno roteiro polos arredores do Pazo de Mariñan, con todo isto pretendemos amosar a riqueza ornitolóxica presente nesta enseada e poñer en valor este fermoso espazo. 

Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado (Xornada exclusiva para socios/as do G.N. Hábitat).

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!