Vixías dos nosos ríos – Ruta polo río Mandeo
O vindeiro domingo, 6 de abril de 2025, comezamos as actividades de primavera do proxecto “Vixías dos nosos ríos” cunha ruta polo val do río Mandeo, entre os concellos de Coirós e Paderne. Faremos unha [...]
Formación para o seguimento da Pillara das dunas en Baldaio
Desde o ano 2016, no Grupo Naturalista Hábitat colaboramos con outras entidades como Senda Nova para facer o seguimento dos niños da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na praia de Razo-Baldaio, en Carballo. Este traballo [...]
Andaina ambiental co CEIP Víctor López Seoane (02/04/2025)
Este mércores continuaremos apostando pola formación ambiental dos máis pequenos! Desta volta teremos un novo encontro co alumnado do CEIP Víctor López Seoane, unha estupenda ocasión para levar a cabo unha descuberta da flora e [...]
Seguindo os rastros da fauna en Alfoz (Lugo)
Moitas das especies de fauna que habitan no noso entorno son nocturnas, esquivas e difíciles de ver. Por iso, para coñecelas mellor, empregamos técnicas de rastreo que nos axudan a detectar a súa presenza: pegadas, [...]
Actuacións de naturalismo e ecoloxía na custodia do Monte da Fraga (26/03/2025)
Esta semana, no marco do “Marzo Ambiental 2025” organizado pola Oficina de Sustentabilidade e os Comités Green Campus da UDC, poderás coñecer en detalle as actuacións de naturalismo e ecoloxía que levamos a cabo dende [...]
Coñece o teu mar en Cambre (29 e 30 de marzo do 2025)
Continuamos coas actividades primaverais do proxecto “Coñece o teu mar”, dentro do cal o Grupo Naturalista Hábitat está a organizar actividades divulgativas sobre o medio mariño que nos rodea, cofinanciadas pola Unión Europea a través [...]
Presentación de As Fragas Perdidas
Comprácenos anunciar a presentación dun novo proxecto do Grupo Naturalista Hábitat dedicado á conservación dos bosques húmidos atlánticos: as Fragas Perdidas. Será este venres 21 de marzo, coincidindo coa data escollida pola ONU para [...]
Viaxe Pola Noite Iluminada: un xogo de mesa sobre a contaminación luminosa (23/03/2025)
O vindeiro domingo tes unha nova cita nos nosos Obradoiros Ambientais. Desta volta teremos a sorte de contar cos compañeir@s e expertos da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (agrupacionio.com), entidade que promove a afección, o estudo, [...]
Obradoiro ambiental co CEIP Sal Lence
O vindeiro venres, 21 de marzo, da man do alumnado do CEIP Sal Lence, realizaremos un obradoiro ambiental sobre aves e caixas niño. Unha xornada dirixida a que os máis pequenos coñezan a utilidade das [...]
Natureza e naturalismo na Coruña: situación actual, inquedanzas e perspectivas de futuro (09/03/2025)
Este venres queremos celebrar contigo o Día do Naturalismo Galego, cunha nova cita “Falando de natureza”. Nesta ocasión, dun xeito distendido e colaborativo cos asistentes na xornada, abordaremos diferentes cuestións ambientais que afectan á Coruña. [...]
Coñece o teu mar en Sada (15 e 16 de marzo 2025)
Dentro do proxecto “Coñece o teu mar”, o Grupo Naturalista Hábitat está a organizar actividades divulgativas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur, para aprender máis sobre o medio mariño que [...]
Acto de entrega de premios do XII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”
O XII Certame de Debuxo da Natureza: “Inverno no Encoro” chega ao seu momento máis especial: a entrega de premios. Tras semanas de expectación e unha gran participación, por fin temos data para o acto [...]
9 de marzo, Día do Naturalismo Galego: Sarmiento e o Lérez
Celebramos o Día do Naturalismo Galego cun roteiro aberto e dobremente interpretativo (cultural e ecolóxico) polo curso baixo do río Lérez no concello de Pontevedra. Terá lugar o vindeiro domingo, 9 de marzo do 2025, [...]
Hábitat Protexe: Día Mundial das Pradeiras Mariñas
En 2022, a ONU declarou o 1 de marzo como Día Mundial dos Pastos Mariños, para crear conciencia e contribuír á conservación destes ecosistemas tan especiais. Aproveitando esta data tan sinalada, e a boa marea [...]
Obradoiro de máscaras de Entroido en IKEA
Este sábado, 1 de marzo de 2025, celebraremos o Entroido cun obradoiro de máscaras en IKEA. Os máis pequenos non só crearán as súas propias máscaras, senón que tamén descubrirán animais e plantas que utilizan [...]














