Este venres queremos celebrar contigo o Día do Naturalismo Galego, cunha nova cita “Falando de natureza”. Nesta ocasión, dun xeito distendido e colaborativo cos asistentes na xornada, abordaremos diferentes cuestións ambientais que afectan á Coruña. Un tempo para a conversa, compartindo impresións sobre aspectos tan importantes como o estado de conservación das especies silvestres e dos hábitats de interese presentes no municipio. Recolleremos as inquietudes da cidadanía en todo o relacionado co Patrimonio Natural da cidade. Falaremos de espazos verdes públicos, de conectividade ecolóxica, de cidades biofílicas e, en definitiva, dunha Coruña futura que deberá ser quen de compatibilizar o seu desenvolvemento coa preservación dos seus valores naturais.
E que mellor marco para esta conversa que facelo a ollos de Martín Sarmiento ou Padre Sarmiento (Pedro José García Balboa). Unha figura que destacou tanto pola súa actitude persoal cara o estudo da natureza, coma pola súa defensa no século XVIII da necesidade do estudo da Historia Natural, sendo promotor do Real Xardín Botánico e do Museo Nacional de Ciencias Naturais, incitador dos estudos de Xeografía e divulgador de Botánica e Zooloxía por medio de numerosas monografías e artigos. Todo o que nos acomoda, sen dúbida, diante dun devanceiro do naturalismo ao que lle senta ben o título de Primeiro Naturalista de Galicia (e de España), e fornece de argumentos para que a data do seu natalicio -9 de marzo do 1695- os naturalistas podamos considerala con toda tranquilidade e xustiza coma o “Dia do Naturalismo Galego”, pois dalgún modo ao nacer Perucho, nacimos todos.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 9 de marzo, ás 19h, no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña: ver localización no mapa). Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment