Moitas das especies de fauna que habitan no noso entorno son nocturnas, esquivas e difíciles de ver. Por iso, para coñecelas mellor, empregamos técnicas de rastreo que nos axudan a detectar a súa presenza: pegadas, excrementos, galerías ou o uso de cámaras de fototrampeo son algúns dos recursos que aprenderemos a identificar e interpretar.

O domingo, 6 de abril de 2025, de 10:30 a 13:30 h, estaremos en Alfoz (Lugo) para descubrir os rastros que nos deixan os animais e coñecer as especies que habitan nesta zona. Da man de Golden Valley Galicia Verde, exploraremos o val do río Ouro, un espazo de grande riqueza natural e cultural.

Esta actividade forma parte dun proxecto máis amplo que busca coñecer, valorar e protexer a biodiversidade deste territorio único.

As prazas son limitadas e actividade de balde. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade. 

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Vén con nós a seguir os pasos da fauna e conectar coa natureza dun xeito diferente!!