Esta semana, no marco do “Marzo Ambiental 2025” organizado pola Oficina de Sustentabilidade e os Comités Green Campus da UDC, poderás coñecer en detalle as actuacións de naturalismo e ecoloxía que levamos a cabo dende o Grupo Naturalista Hábitat e ADEGA, froito da nosa colaboración no proxecto de custodia do Monte da Fraga.
A xornada, de balde e aberto ao público, terá lugar o mércores 26 de marzo, en dúas quendas:
-
1ª quenda
- De 16:00 a 17:00h
- Aula 1.1. da Facultade de Filoloxía e Turismo (ver localización no mapa).
-
2ª quenda
- De 17:30 a 18:30h.
- Salón de actos da Facultade de Ciencias (ver localización no mapa).
O Marzo Ambiental 2025 é un ciclo de actividades diversas que constitúe unha peza clave de educación para a sustentabilidade na Universidade da Coruña – UDC, e que conta tanto con actividades teóricas (palestras, mesas redondas) como prácticas (obradoiros, visitas técnicas, voluntariado ambiental), achegando unha perspectiva ampla á realidade climática e de sustentabilidade actual.
As actividades son abertas ao público e de balde, sendo preciso para a participación a inscrición previa a través do formulario online dispoñible na web da Oficina de Sustentabilidade (OdS), dende onde poderás acceder tamén ao programa completo de actividades.
Agardámoste!

Leave A Comment