Dentro do proxecto “Coñece o teu mar”, o Grupo Naturalista Hábitat está a organizar actividades divulgativas, cofinanciadas pola Unión Europea a través do GALP Golfo Ártabro Sur, para aprender máis sobre o medio mariño que temos preto da casa.
Logo dunha pausa nos meses de inverno, faremos charlas e saídas de campo en Sada, Cambre, Oleiros e Culleredo. O obxectivo é educar e concienciar sobre a importancia dos ecosistemas mariños, a súa biodiversidade, conservación e os impactos humanos neles.
A primeira cita deste 2025 será no Concello de Sada, co seguinte programa de actividades na Casa da Xuventude (Avenida da Mariña, 46, Sada: ver localización no mapa):
Sábado 15 marzo
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre medio mariño.
- 12.00 – 13.30h – Actividade sobre fauna mariña.
Domingo 16 marzo
- 10.00 – 11.30h – Actividade sobre flora mariña.
- 12.00 – 13.30h – Saída de campo (será necesario asistir a polo menos 2 actividades de aula para poder participar na saída de campo).
As xornadas son de balde e abertas ao público, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía e-mail a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste!

Leave A Comment