En 2022, a ONU declarou o 1 de marzo como Día Mundial dos Pastos Mariños, para crear conciencia e contribuír á conservación destes ecosistemas tan especiais.

Aproveitando esta data tan sinalada, e a boa marea que acompaña, o sábado, 1 de marzo do 2025, de 10:30 a 12h, faremos unha visita ás pradeiras mariñas da ría do Burgo, e coñecer de primeira man os seus segredos e a súa importancia para os ecosistemas mariños. Ademais, teremos a sorte de contar coa presenza de Rafael Carballeira, que ten traballado coas pradeiras mariñas de Sada e da ria do Burgo.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase á nosa loita contras as agresións ambientais e a conservar os nosos espazos naturais de forma activa

  • Socios/as G.N. Hábitat:
    • Adultos (maiores de 14 anos): 5€
    • Nenos (menores de 14 anos): 3€
  • Non Socios/as G.N. Hábitat:
    • Adultos (maiores de 14 anos): 8€
    • Nenos (menores de 14 anos): 5€

As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.

 

Tes ata o xoves, 27 de febreiro, para inscribirte!!!

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!