Presentación de PowerPoint

Logo dunha longa andaina, a V promoción da Escola de Naturalistas vai chegando paseniño ao seu peche… Moitos meses en boa compañía gozando da natureza e aprendendo sobre os diferentes eidos do naturalismo da man de numerosos expertos, aos que sempre lle estaremos agradecidos, xunto cos alumnos desta última promoción, hoxe día xa compañeiros.

É tempo agora dunha das actividades máis entretidas e completas: o BioBlitz….pero seguro que moitos de vós preguntarédesvos, que é isto? Pois ben, un BioBlitz é un estudo intensivo de campo que se desenvolve nun período curto de tempo, durante o cal se explora a diversidade biolóxica dunha determinada área para rexistrar o maior número de especies posible, da man de expertos. Isto faise directamente identificando algunhas das especies no campo, pero tamén fotografando todos os seres vivos (fauna e flora) e rastros detectados para a unha posterior determinación. Este BioBlitz permitiranos obter unha ampla información sobre a biodiversidade presente no espazo estudado, permitíndonos en certo modo coñecer as súas características naturais.

De seguro vai ser unha estupenda xornada!

Xa sabes, se queres aprender e gozar coa natureza…NaturAlístate!!