Cartel actividades Entomoloxía1

Cartel actividades Entomoloxía1

A V promoción de Escola de Naturalistas chega a seu fin, e que mellor que rematala achegándonos ó marabilloso e descoñecido mundo da entomoloxía.

Este derradeiro bloque de contidos virá impartido polo compañeiro e colaborador do Grupo Naturalista Hábitat, Jorge A. Ramos: Biólogo e relator en diferentes Xornadas e Congresos Ibéricos de Entomoloxía; que xunto con Elia Pérez (Vogal de entomoloxía do G.N. Hábitat): Bióloga e experta en Lepidópteros, introducirannos neste extenso á par que abraiante mundo dos invertebrados terrestres, da súa man coñeceremos as diferentes técnicas de estudo ademais de  consellos e experiencias útiles para os que se queiran iniciar neste apaixonante mundo.

Dende a Xunta Directiva do  G.N. Hábitat queremos dar o noso máis sincero agradecemento a todos os compañeiros, poñentes e alumnos que firexon posible esta aventura un ano mais.

Vémonos na seguinte!!