Prepara as túas botas de campo e os prismáticos: a XV Maratón Ornitolóxica CoruñAves está á volta da esquina!
Este ano, queremos que cheguedes ao gran día, o 22 de decembro de 2024, coas mellores marcas, na mellor forma posible e co mellor equipo para afrontar esta emocionante carreira ornitolóxica que celebramos cada ano no concello da Coruña.
Porque unha maratón precisa adestramento, esforzo e estratexia! Por iso, deseñamos un programa de preparación específico para que poidades coñecer ao detalle os grupos de aves que serán protagonistas nesta edición. E, como nos mellores plans de preparación, incluímos unha “sesión especial fóra de pista” para que poidades explorar un lugar único e moi enriquecedor.
O obxectivo? Dotarvos das ferramentas, coñecementos e confianza para aguantar o ritmo e destacar na maratón. Ademais, estas xornadas son a oportunidade perfecta para formar posibles líderes de equipo, tanto para esta edición como para as que están por vir.
Programa das sesións de adestramento para a XV Maratón Ornitolóxica CoruñAves:
Aves de Xardín e Horta
Domingo, 1 de decembro de 2024, de 10:30 a 13:30h. Campus de Elviña – Zapateira (A Coruña).
Aves de Costa
Domingo, 8 de decembro de 2024, de 10:30 a 13:30h. O Portiño (A Coruña).
Anátidas
Domingo, 15 de decembro de 2024, de 10:30 a 13:30h. Sada.
Limícolas
Sábado, 21 de decembro de 2024, de 10:30 a 13:30h. Ría de O Burgo.
Únete ao adestramento, afina os teus sentidos e participa na competición máis ornitolóxica e divertida do ano!
Estas xornadas están dirixidas a naturalistas entusiastas de todas as idades. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
Limites para as inscricións no adestramento do CoruñAves 2024:
Aves de Xardín e Horta: Ata o venres, 29 de novembro do 2024, ás 14h.
Aves de Costa: Ata o venres, 6 de decembro do 2024, ás 14h.
Anátidas: Ata o venres, 13 de decembro do 2024, ás 14h.
Limícolas: Ata o xoves, 19 de decembro do 2024, ás 14h.
Cada xornada ten un custo de:
-
- Socios/as G.N. Hábitat:
- Adultos (maiores de 14 anos): 5€.
- Nenos (menores de 14 anos): 3€.
- Socios/as G.N. Hábitat:
-
- Non Socios/as G.N. Hábitat:
-
-
- Adultos (maiores de 14 anos): 8€.
- Nenos (menores de 14 anos): 5€.
-
Todo o recadado nestas accións destinarase á Custodia do Territorio e á Defensa Ambiental da nosa entidade. Con esta iniciativa queremos seguir loitando con máis forza para protexer os nosos espazos naturais e a biodiversidade das constantes perturbacións ás que se ven sometidos.
Apúntate xa e demostra que tes o que fai falta para ser o MVP da XV Maratón Ornitolóxica CoruñAves!

Leave A Comment