Comprácenos anunciar que xa está aberta a exposición pública de todas as obras presentadas no VII Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “A vida nos prados”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), e que conta coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A partir de hoxe mesmo poderedes ir a visitala, e gozar das 369 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades que un ano máis nos sorprenden coas súas dotes artísticas, demostrando como o debuxo supón unha estupenda ferramenta para promover o coñecemento e a implicación cidadá coa natureza que nos rodea.

A mostra estará situada na sala de exposicións da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, planta baixa. 15011, A Coruña), e poderá ser visitada libremente no mesmo horario de apertura das instalacións:

Luns a venres de 07:30 a 23 h

Sábados de 9:30 a 22 h

Domingos/festivos de 9:30 a 21 h.

Achégate a esta exposición sobre natureza!!

Promove:                                       Colabora: