Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2020 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na VII convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “A vida dos prados”.

Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta publicación sexa accesible a todo aquel que a queira ter, podendo gozar das ilustracións e textos que a compoñen, polo que poñemos a disposición de todos os interesados a posibilidade da súa descarga gratuita (formato .pdf) dende a seguinte ligazón:

Descarga do calendario 2020

 

Como sabedes podedes desfrutar de todas as obras achegadas nesta convocatoria (369 ilustracións), na sala de exposicións de Emalcsa (rúa Manuel Murguía, s/n. Edificio Casa del Agua, planta baixa. 15011, A Coruña). Así mesmo, como todos os anos traballamos tamén na organización do acto de entrega de premios, cuxa data definitiva será tamén anunciada polas canles de comunicación oficiais.

O debuxo como ferramenta para a implicación cidadá no contacto coa súa contorna natural. Esta é a finalidade principal do Certame de Debuxo da Natureza, que un ano máis vimos de organizar dende o Grupo Naturalista Hábitat da man de Emalcsa.

Moitas grazas a todos os participantes!

Promove:                                       Colabora: