Novo récord de participación nesta edición, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no VII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.

Esta nova convocatoria foi denominada co título “A vida dos prados“, pretendendo poñer en valor os prados húmidos que rodean ó encoro e a gran biodiversidade que conteñen. Estes espazos son esenciais para moitas das especies, xa que neles son onde levan a cabo as súas actividades: alimentación, procura de parella, cría ou refuxio. As plantas atraen a insectos e estes, ao mesmo tempo, a anfibios, réptiles, mamíferos e aves, que se van a alimentar de eles. Os prados galegos, ano a ano, redúcense polo abandono do rural ou o cambio de uso do solo, o que fai que as especies que alí habitan desaparezan da zona. É esencial que entre todos axudemos a conservar e dar valor a estes espazos e ás especies ligadas a eles.

Este ano achegáronse un total de 369 ilustracións, dun total de 265 participantes, case duplicando ás edicións anteriores!

O reparto por categorías foi o seguinte:

  • 1ª Categoría (menores de 14 anos): 260 ilustracións, dun total de 194 participantes.
  • 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 109 ilustracdións, dun total de 71 participantes.

Moitas grazas a todos pola vosa participación!

Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!


Promove:                                      Colabora: