Multitude de entidades conservacionistas vinculadas ao estudo, a divulgación e a protección do patrimonio natural galego, entre elas o G.N.Hábitat, vimos de apoiar a presentación dun manifesto a prol da defensa dos valores ambientais no areal da Calzoa (Vigo). O escrito, que poñemos a disposición para a súa consulta, recolle a relevancia deste enclave (especialmente no eido da ornitoloxía) e a necesidade de conservar a súa biodiversidade.