Comprácenos anunciar que xa está aberta a exposición pública de todas as obras presentadas no V Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “Auga e vida”, organizado polo G.N.Hábitat en colaboración con Emalcsa. A partir de hoxe poderedes ir a visitala, e gozar das 130 ilustracións de nenos e adultos de todas as idades que un ano máis nos sorprenden coas súas dotes artísticas, demostrando como o debuxo supón unha estupenda ferramenta para promover o coñecemento e a implicación cidadá coa natureza que nos rodea.

A mostra estará situada na sala de exposicións da Casa da Auga (rúa Manuel Murguía s/n, planta baixa. 15011, A Coruña), e poderá ser visitada libremente no mesmo horario de apertura das instalacións, previsto de luns a venres de 07:30 a 23 h, sábados de 9:30 a 22 h e domingos/festivos de 9:30 a 21 h.

Achégate a esta exposición sobre natureza!!

Máis información:

Gañadores do V Certame de Debuxo

 

Calendario 2018 do G.N.Hábitat

 

(dispoñible para libre descarga en pdf).

 

Colabora: