Unha nova edición e un novo éxito de participación, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un pouco máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no V Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Esta nova convocatoria foi denominada co título “Auga e vida“, pretendendo poñer en valor a auga como fonte de vida, recurso indispensable para o mantemento da riqueza natural e da biodiversidade. Alén da súa percepción cotiá nas nosas vidas, a auga áchase como o elemento fundamental do que depende en gran medida a Vida Silvestre, que se atopa necesariamente vencellada a ela.
Este ano achegáronse un total de 130 ilustracións, dun total de 68 participantes! co seguinte reparto nas diferentes categorías:
- 1ª Categoría (menores de 14 anos): 45 ilustracións, dun total de 31 participantes.
- 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 85 ilustracdións, dun total de 37 participantes.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!
Coa colaboración de


Leave A Comment