Aquí tedes aos gañadores do V Certame de Debuxo da Natureza…NORABOA A TODOS!

2ª CATEGORÍA (14 anos ou máis)

Os tres primeiros postos no certame recaeron sobre:

 

Seguindo o especificado nas bases reguladoras, e tendo en conta que un mesmo autor soamente pode ser galardoado cun premio nalgunha das súas obras, a selección foi especialmente difícil.

Na seguinte figura móstranse as restantes obras que acompañan aos tres primeiros premios como “gañadores na súa especie” na categoría de maiores de 14 anos. Obras que representan ás especies: Arvicola sapidus, Chondrostoma polylepis, Dinocras cephalotes, Ephemera danica, Galemys pyrenaicus, Motacilla cinerea, Myotis daubentonii, Oriolus oriolus, Osmunda regalis e Rallus aquaticus.

 

Así mesmo, o xurado decidiu deixar desertos os premios nas seguintes especies: Calopteryx virgo, Cinclus cinclus e Corylus avellana.

1ª CATEGORÍA (menores de 14 anos)

Velaquí os “gañadores na súa especie” na categoría menores de 14 anos. Nesta ocasión todas as especies propostas nesta edición do certame obtiveron obras galardoadas, non quedando ningún premio deserto. Na seguinte figura móstranse as 16 obras agraciadas:

 

 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!!

Estade agora atentos ás novidades que vaiamos publicando na nosa web respecto das datas da exposición pública das obras e do acto de entrega de premios.

Colabora