Este 28 de maio tes unha cita connosco na IV Maratón Ornitolóxica da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Pasaremos unha xornada chea de fermosas paixaxes, emocións, boa compaña e aves, moitas aves. Tantas como consigamos ver ao longo do día!
Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de saír ao campo e pasalo en grande. Cada equipo contará con ornitólogos experimentados para gozar ao máximo da actividade.
Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment