1as xornadas sobre biodiversidade en espazos agrogandeiros

Nos vindeiros días terá lugar a terceira das xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e conservación do medio natural, recollidas baixo a inciativa “Traballando pola mellora do patrimonio natural“ no 2017.

Nesta ocasión, e da man do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o Voluntariado ABANCA colaborará nas tarefas de eliminación de especies exóticas nas Illas Cíes, centrando os esforzos na retirada de exemplares de eucalipto e acacia que proliferan neste espazo natural protexido. A xornada rematará cun roteiro interpretativo coa posta en valor do patrimonio natural presente nesta fermosa contorna.