O G.N.Hábitat, apoia xunto a 23 entidades ecoloxistas a nota de prensa elaborada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), que relata a preocupación pola actitude da Administración galega en contra do Patrimonio natural. Xa que anunciou no Comite Galego de Caza que manterá a media veda na Limia e que non tomará medidas eficaces para evitar o declive da rula, un ave en perigo de desaparición.
Esta achega entronca co escritos remitidos nos anos 2019 e 2020, logo de que a mesma Unión Europea anunciase, o 25 de xullo de 2019, o inicio dun proceso de infracción contra o Estado español por non tomar medidas de conservación que freen o declive desta especie.
Podes descargar o contido desta nota de prensa e das anteriores na seguinte ligazón:
Esperamos que a administración por fin tome conciencia da grave situación que está xerando para a conservación desta especie na nosa terra. E como non, agradecer de novo o esforzo da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) na elaboración desta nova nota de prensa.

Leave A Comment