Prezado socio/a:

O domingo, 26 de novembro, fará 43 anos que o G.N. Hábitat foi fundado por varios dos nosos socios. Isto foi oficialmente no ano 1980, aínda que Hábitat xa levaba desde 1979 estudando e actuando pola conservación dos nosos espazos naturais. Así o 26 de novembro gustaríanos compartir con todos vós unha xornada de campo no Encoro de Abegondo-Cecebre de 10:30 a 13:30h, e logo xuntarnos ás 14h. para unha comida en Casa Becerra en Bribes (Cambre) para os socios e socias que se queiran achegar. Para o restaurante temos que avisar cun marxe do número de persoas ademais de controlar o aforo que eles nos digan, polo que canto antes vos anotedes, mellor. Temos ata o 21 de novembro para anotarnos para a comida.

 

Calquera dúbida, por favor, escribídenos, e acompañarnos nesta xornada que temos moitas ganas de compartir con todos vós.

Un cordial saúdo,

A Xunta Directiva.