O 31 de outubro vimos nas redes sociais, concretamente no Instagram unha publicación de Fernando Cortés-Fossati, que nos gustou moito (ligazón á publicación). Nela Fernando explicaba como en Halloween ou Samaín as decoracións facíanse especialmente con arañas e as súas teas, polo que mellor data para celebrar o Día Mundial das arañas. Namorámonos da proposta, polo que contactamos con el e animouse xunto con Marcos Méndez a darnos unha charla sobre arañas este luns, 27 de novembro do 2023, ás 20h!! 

Fernando Cortés-Fossati é investigador na Área de Biodiversidade e Conservación da Universidade Rey Juan Carlos (Madrid) e especializado en artrópodos e no veleno das arañas. É divulgador científico e moi activo en redes sociais. Ten publicado diversos artigos centrados na ecoloxía, comportamento e evolución de Artrópodos terrestres e actualmente está centrado no estudo das arañas.

Marcos Méndez Iglesias é investigador da Universidade na Área de Biodiversidade e Conservación da Universidade Rey Juan Carlos. Investiga distintos aspectos da bioloxía evolutiva das plantas, mais leva 20 anos interesado e traballando na ecoloxía e conservación da vacaloura e outros escaravellos, libélulas e arañas. No 2016 na xornada da especie do ano da vacaloura, convenceunos para realizar o seguimento da especie en Galicia, xa que él é o coordinador en España do seguimento desta especie.

O luns, 26 de novembro, baixo o título “Ecología de las arañas e Importancia Médica en humanos ¿es verdad todo lo que nos cuentan?” onde nos falarán deste grupo de artrópodos que espertan máis medo que paixóns, e farán que moita xente as vexa con outros ollos e as respecten moito máis pola súa importancia nos nosos ecosistemas.

Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!