Tiñamos moitas ganas de facer esta actividade. Dada o crecente interese da observación das aves no noso territorio, pouco a pouco moita xente comeza a ter a inquietude pola da identificación de grupos complicados, como poden ser as gaivotas. Para poder solucionar isto, contamos coa axuda do noso compañeiro Xabi Varela, que leva moitos anos observando e aprendendo das aves e que xa é un referente na identificación de gaivotas, proba diso é a charla online que nos deu no ano 2021 e que podedes consultar no noso Youtube (ligazón), sendo a charla da nosa canle con máis visitas.

Así convencemos a Xabi para que nos dise un pequeno curso de identificación de gaivotas na Ría do Burgo este sábado, 18 de novembro do 2023, de 10:30 a 13:30h. Esta saída práctica serviranos de guía para poder solucionar as dúbidas que teñamos en campo para identificar as diferentes especies que nos podemos atopar nesta época que estamos a recibir diferentes especies de gaivotas.

Este curso está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o curso entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas teóricas e prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. 

Tes ata o xoves, 16 de novembro do 2023, ás 18h para inscribirte!!

 

Este curso ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat: 5 €
  • Adultos/as (maiores de 14 anos): 8 €

O importe recadado deste curso irá destinado a nosa labor de defensa ambiental e conservación dos nosos espazos naturais

Non perdades esta oportunidade!! Anímate a descubrir o interesante mundo da identificación das gaivotas!!