cartel

 

Nos vindeiros días, compañeiros de Hábitat seguiremos coa nosa aposta pola divulgación do patrimonio natural entre os máis novos, desenvolvendo varias xornadas cos alumnos do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón da Coruña.

Obradoiros sobre biodiversidade, rastros, técnicas de estudo, moldes de pegadas de fauna e demais iniciativas permitirán que os rapaces coñezan e se acheguen á natureza, aprendendo a respectala e procurando espertar neles un interese polo estudo e a investigación científica.

Agardamos que estas iniciativas continúen favorecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!