cartel noucho Coruxo

A vindeira semana os nosos compañeiros Carla Soaje e Dani Monteagudo continuarán a difundir e presentar o noso benquerido Proxecto Noucho cos amigos do Colectivo Matogueira (Coruxo).

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 26 de marzo ás 12:00h no Local da Comunidade de Montes de Coruxo (subida a S. Sebastián, 23. Fragoselo, Vigo – ver mapa). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dende aquí, agradecer aos nosos compañeiros do Colectivo Matogueira o seu interese e colaboración.

Anímate e segue o Noucho na súa viaxe por Galiza!