Redes2

Comprácenos anunciar que a Consellería de Medio Rural (Xunta de Galicia) ven de editar a Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia, publicación que xorde como parte do proxecto nomeado “Sistemas piloto de tratamento de efluentes e escorrentías producidas nas explotacións gandeiras de vacún de Galicia (FEADER 2015/08)” que contou coa colaboración do G.N.Hábitat.

Cunha linguaxe próxima e contidos de interese para todo o público, esta publicación pretende ser unha ferramenta útil para agricultores, gandeiros e todos aqueles axentes vencellados no eido agropecuario que desexen potenciar a diversidade biolóxica ligada ás súas explotacións. A guía recolle así recomendacións, actuacións e demais información e iniciativas cuxa posta en marcha permitirán a mellora dos recursos ecosistémicosentendidos como aqueles beneficios que a natureza aporta á sociedade, tan imprescindibles coma complexos de cuantificar: control biolóxico de pragas, polinización, e moitos outros.

A guía pode ser descargada de balde en formato pdf dende o apartado de publicacións da web da Consellería de Medio Rural. Deixámosvos á ligazón de acceso:

“Guía para a conservación da biodiversidade agraria de Galicia

Agardamos que esta amena lectura sexa do voso interese.