O Grupo Naturalista Hábitat sumase de novo ao “Proyecto Libera”, desenvolvido por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, que a nivel nacional mobiliza a través do programa “1m2 por la naturaleza” á asociacións e cidadáns comprometidos coa conservación e limpeza dos espazos naturais.

Desta volta, da man do voluntariado corporativo de  Allianz Seguros, levaremos a cabo unha acción que ten como finalidade recoller e analizar os residuos que se atopan na natureza, co obxectivo de concienciar e sensibilizar  á sociedade ante un dos maiores problemas medioambientais que sofre a nosa contorna: a práctica do littering, ou abandono de residuos na natureza.

Grazas #HéroesLibera!!