O pasado sábado 15 de xuño, en colaboración co “Proyecto Libera” e da man do voluntariado corporativo de Allianz Seguros da Coruña, conseguimos extraer 60 kilos de lixo da praia de Bens, deixando un lugar  moito máis acorde co que debe ser un entorno natural.

As case 30 persoas que nos acompañaron realizaron unha labor formidable recollendo, clasificando e analizando os residuos atopados. Grazas a eses datos, e aos das outras entidades que a nivel nacional participan nesta campaña, e que serán remitidos aos coordinadores do proxecto, conseguirase analizar e buscar posibles solucións para mitigar a grande problemática que xera o abandono de residuos no medio natural.

Grazas polo voso traballo #HéroesLibera!!