Os días 15 e 16 de xuño, membros do G.N.Hábitat colaborarán no II BIOBLITZ ANCARES-COUREL (Edición COUREL). A través da metodoloxía Bioblitz (prospección intensiva da biodiversidade dunha área determinada, coa participación de naturalistas profesionais e afeccionados), as xornadas pretenden un inventariado biolóxico, a fin de obter o maior número de identificacións e rexistros de flora, fauna e micobiota en varios espacios representativos dalgúns dos hábitats máis emblemáticos do Courel.

Toda a información, cartel e programa poden consultarse na web da Estación Científica do Courel.