“1m2 por los ríos, embalses y pantanos” será un encontro cidadán, durante unha semana completa, para recoller e analizar os residuos que se atopan nos nosos ríos, encoros e pantanos. Esta é unha das actividades que integran o Proxecto Libera, desenvolvido por Ecoembes e SEO/BirdLife, e que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar  á sociedade ante un dos maiores problemas medioambientais que sofre a nosa contorna: a práctica do littering, ou abandono de residuos.

Dende o Grupo Naturalista Hábitat somos conscientes do grande impacto que xera o lixo na nosa biodiversidade, por iso queremos sumarnos a esta nova campaña invitándoche a que participes con nós nesta importante xornada de voluntariado ambiental.

Nesta ocasión, recolleremos e analizaremos os residuos da contorna do rego de Campos, treito do río Mesoiro ao seu paso por Mesoiro, na cidade da Coruña. Este recuncho natural é unha zona axeitada para levar a cabo esta iniciativa, xa que a súa ribeira vese deteriorada pola acumulación de lixo vencellada ao paso acotío dos viandantes. É preciso, polo tanto, concienciar e actuar para minimizar esta práctica neste entorno.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro domingo 18 de marzo ás 10:30h na ribeira do río Mesoiro, na Coruña. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Así mesmo, o Proxecto Libera e o G.N. Hábitat achegarán para o día da limpeza os materiais necesarios para o seu adecuado desenvolvemento.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!