Continuamos ca VI promoción de Escola de Naturalistas. Este sexto bloque estará adicado ao anelamento científico, coa charla “Introdución ao anelamento científico” e a súa correspondente saída de campo.

Este bloque de contidos virá impartido da man dos compañeiros do “Grupo de anillamiento Phylloscopus”. Con eles afondaremos no coñecemento das aves da nosa contorna mediante esta técnica de estudo, a cal levan desenrolado dende hai varias décadas.

Asemade, asistiremos a unha xornada de anelamento da man dos seus aneladores, na que poderemos observar de preto o gran traballo que ano tras ano levan a cabo.

Vémonos na Escola compañeiros!