O pasado venres 23 de febreiro ás 20:30h tivo lugar o Acto de entrega de premios do V Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”: auga e vida. Iniciativa desenvolvida polo G.N.Hábitat da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa).

Aquí vos deixamos o video da entrega de premios onde representantes de diferentes institucións, fixeron entrega a todos os gañadores recoñecidos nesta convocatoria dos agasallos e diplomas.

 

Se non o tedes feito xa, animádevos a visitar as instalacións de Emalcsa, onde poderedes gozar xa da exposición pública das 130 obras de nenos e maiores achegadas nesta convocatoria. Un fermoso homenaxe á natureza a través do debuxo que non vos podedes perder.

Grazas a todos por participar outro ano máis!

Colabora

Emalcsa