Da man dos alumnos do Colexio Esclavas do Sagrado Corazón da Coruña, seguimos coa aposta pola divulgación do patrimonio natural entre os máis novos. Neste roteiro naturalista, que forma parte dun ciclo de actividades que desenvolverá o G.N.Hábitat co centro de ensino un ano máis, aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos da contorna da Torre de Hércules, área declarada de xeito provisional como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Así mesmo, a xornada permitirá poñer en coñecemento dos mozos e mozas a problemática das especies exóticas invasoras, o seu impacto no medio natural e os procedementos e iniciativas postos en marcha dende Hábitat neste emblemático espazo da nosa cidade ao longo das campañas 2018 e 2019

Agardamos que estas iniciativas continúen favorecendo futuras xeracións de grandes naturalistas!